Asesoría laboral para empresas

A xestión laboral é un dos aspectos máis sensíbeis de calquera empresa. Unha normativa en constante cambio, obrigas ante a Seguridade Social e unha xestión de contratos e nóminas que debe ser precisa e puntual. Calquera erro ten consecuencias legais e económicas.

Ocupámonos de toda a xestión laboral da túa empresa para que poidas centrarte no que mellor sabes facer.

Persona en traje de negocios revisando documentos y firmando en un escritorio de oficina.

¿Que inclúe o noso servizo laboral?

  • Redacción e xestión de contratos de traballo adaptados a cada situación.

  • Alta e baixa de traballadores na Seguridade Social.

  • Elaboración de nóminas: cálculo preciso de salarios, cotizacións e retencións.

  • Xestión de seguros sociais e liquidacións á Seguridade Social.

  • Tramitación de partes de baixa, IT e outros procedementos ante organismos laborais.

  • Asesoramento continuo ante cambios normativos, incidencias laborais e decisións sobre o persoal.

Traballamos para que a túa xestión laboral sexa sempre rigorosa, eficiente e ao día coa normativa. Sen sorpresas.