Aviso Legal
Última actualización: Maio 2026
Obxecto e aceptación
O presente aviso legal regula o uso do noso sitio web, do que é titular SIXTO ASESORES, SLU. A navegación polo sitio web de SIXTO ASESORES, SLU atribúe a condición de usuario do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións. Vostede obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte a SIXTO ASESORES, SLU ou fronte a terceiros, de calquera dano e prexuízo que puidesen causarlle como consecuencia do incumprimento de dita obriga.
Identificación e comunicacións
SIXTO ASESORES, SLU, en cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmalle de que:
Denominación social: SIXTO ASESORES, SLU CIF: B26725911 Domicilio social: Rúa San Roque Nº 11, Entlo. A — 27002 Lugo Inscrición: Rexistro Mercantil de Lugo, folla LU-22952
Para comunicarse connosco, poñemos á súa disposición diferentes medios de contacto especificados na política de privacidade. Todas as notificacións e comunicacións que realice con SIXTO ASESORES, SLU consideraranse eficaces, a todos os efectos, sempre e cando se realicen polos medios especificados anteriormente.
Condicións de acceso e utilización
O sitio web e os seus servizos son de acceso libre; con todo, SIXTO ASESORES, SLU condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente formulario.
Vostede garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a SIXTO ASESORES, SLU e será o único responsábel das manifestacións falsas ou inexactas que realice.
Vostede comprométese expresamente a facer un uso axeitado dos contidos e servizos de SIXTO ASESORES, SLU e a non empregalos para, entre outros:
Difundir contidos delituosos, violentos, pornográficos, racistas, xenófobos, ofensivos, de apoloxía do terrorismo ou contrarios á lei ou á orde pública.
Introducir na rede virus informáticos ou realizar actuacións susceptíbeis de alterar, estragar ou interromper os sistemas de SIXTO ASESORES, SLU ou de terceiras persoas.
Intentar acceder a datos doutras persoas ou a áreas restrinxidas dos sistemas informáticos de SIXTO ASESORES, SLU ou de terceiros.
Vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como violar a confidencialidade da información de SIXTO ASESORES, SLU ou de terceiros.
Suplantar a identidade doutro usuario, das administracións públicas ou dun terceiro.
Reproducir, copiar, distribuír ou modificar os contidos sen a autorización do titular dos correspondentes dereitos.
Recadar datos con finalidade publicitaria sen previa solicitude ou consentimento.
Todos os contidos do sitio web constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a SIXTO ASESORES, SLU. A distribución, modificación, cesión ou comunicación pública dos contidos sen autorización expresa queda prohibida. O establecemento dun hiperenlace require autorización previa por escrito de SIXTO ASESORES, SLU.
Exclusión de garantías e de responsabilidade
SIXTO ASESORES, SLU exclúe, ata onde permite o ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de:
A imposibilidade de acceso ao sitio web ou a falta de veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos.
A presenza de virus ou doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos dos usuarios.
O incumprimento das leis ou o uso incorrecto do sitio web por parte do usuario ou de terceiros.
SIXTO ASESORES, SLU declina calquera responsabilidade respecto á información que se atope fóra desta web e non sexa xestionada directamente polo noso webmaster, nin garante o funcionamento ou accesibilidade dos sitios enlazados.
Procedemento en caso de actividades ilícitas
No caso de que vostede ou un terceiro considere que existen feitos ou circunstancias que revelen o carácter ilícito de calquera contido ou actividade accesíbel a través do sitio web, deberá poñerse en contacto con SIXTO ASESORES, SLU identificándose debidamente e especificando as supostas infraccións.
Para toda cuestión litixiosa que incumba ao sitio web de SIXTO ASESORES, SLU, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes os Xulgados e Tribunais máis próximos á sede da empresa (España).
Publicacións
A información administrativa facilitada a través do sitio web non substitúe a publicidade legal das leis, normativas, plans e disposicións xerais que teñan que ser publicados formalmente nos diarios oficiais das administracións públicas. A información dispoñíbel neste sitio web debe entenderse como unha guía sen propósito de validez legal.